Novedades

Mantente informado de la actualidad de la asociación

Plan Renova o teu vehículo

O prazo comezará o 17 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:
    a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
  2. Non poderán ter a condición de beneficiarias destas axudas:
    a) Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.
    b) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    c) Non poderán ter a condición de persoa beneficiaria as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.
  3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    Obxecto
  4. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2024 de vehículos do Plan Renova o teu vehículo por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
  5. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  6. As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

    Bases reguladoras e convocatoria
    As bases reguladoras completas poden consultarse na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231214/AnuncioG0474-271123-0002_es.pdf

    Financiamento
  7. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2024. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 3.000.000,00 de euros.

    O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera.

    Contía máxima das axudas que se outorgarán coa convocatoria
  8. Na seguinte táboa especifícase a axuda máxima en función do tipo de proxecto definido no artigo 3:

    (*)A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os que a axuda do Inega se incrementa nun 20 %.
    O aforro por vehículo do Plan Renova o teu vehículo corresponderá unha parte á axuda pública e outra a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venda. En ningún caso a contía da axuda poderá ser superior ao custo da actuación que se define como o custo do vehículo sen incluír a axuda pública.
  9. Deberase garantir que para as empresas beneficiarias doutras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 €. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 40.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 € durante calquera período de tres exercicios.

    Forma e prazo de presentación de solicitudes
  10. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o 15 de decembro de 2023 e rematará o 15 de setembro de 2024 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
  11. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 17 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).
    A adquisición do vehículo obxecto da subvención poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2024.
  12. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).


Documentos asociados
  • AnuncioG0474-271123-0001_gl.pdf (389,98 KB)  Descargar
  • AnuncioG0474-271123-0002_gl.pdf (1.319,65 KB)  Descargar

volver a novedades

LA MAYOR VARIEDAD EN MODA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de tiendas multimarca que ofrecen las más variadas tendencias en moda y complementos para todos los públicos.

LOS MEJORES TRATAMIENTOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Gran variedad en soluciones de belleza y bienestar para sentirse estupendos de pies a cabeza.

TODO EN ALIMENTACIÓN

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

No falta ni un solo sabor por experimentar en nuestras tiendas; desde las atractivas y exóticas frutas, a los apetitosos dulces, pasando por todo tipo de pescados, carnes y panes.

ANIMALES

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con todo lo que tu mascota pueda necesitar.

CENTROS DE ESTUDIOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Aumenta tu formación académica con nosotros.

HOGAR

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de profesionales dispuestos a solucionar necesidades domésticas.

HOSTELERIA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

En momentos de ocio, reuniones, negocios o viaje, nuestros establecimientos os ofrecerán los mejores servicios.