Novedades

Mantente informado de la actualidad de la asociación

PROGRAMA BONO DEPORTE

O prazo para adherirse ao programa será desde o 12 de decembro de 2023 ata o 30 de decembro de 2023

Alta dos establecementos adheridos ao programa
Os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos que desexen adherirse ao programa Bono deporte deberán rexistrarse na web www.bonodeporte.gal.
O prazo para adherirse ao programa será desde o 12 de decembro de 2023 ata o 30 de decembro de 2023, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Poderán adherirse ao programa Bono deporte os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10.3 das bases reguladoras.

Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias das axudas do Bono deporte o pai ou nai, titor/a ou persoa que teña en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos un menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento da solicitude, federado ou inscrito no programa Xogade, e que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 das bases reguladoras.
    Cada menor xerará dereito a un único Bono deporte. Sen prexuízo de que o menor sexa titular de varias licenzas deportivas, dunha licenza e dun identificador Xogade, ou que simultanee distintas actividades deportivas, cada persoa beneficiaria disporá dun único Bono deporte por menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos que se establecen nesta orde.
    O identificador Xogade ou o número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos deberá estar emitida durante 2023, e o menor deberá continuar no programa Xogade ou ter licenza deportiva federada no momento da descarga do bono.
  2. As axudas entenderanse preconcedidas coa descarga dos bonos polas persoas beneficiarias.

    Actividade subvencionable
    Por medio desta orde subvenciónase a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa, segundo o establecido no artigo 10 das bases reguladoras e nas condicións e datas fixadas nelas.

    Data de descarga dos bonos
    Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro dese ano. Non obstante, se antes do 29 de febreiro de 2024 se esgota o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento finalizaría o prazo de descarga, e procederase de acordo co artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Bases reguladoras
    As bases reguladoras completas do programa poden consultarse na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231207/AnuncioO92-241123-0002_gl.pdf

    Importe
    Para a concesión destas axudas destinaranse un total de 16.120.000 €.
    Cada bono terá un valor de 120 € e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, IVE incluído. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento e durante o prazo de validez establecido no artigo 16.3 das bases reguladoras (desde a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo).

    Natureza das axudas e compatibilidade
    As axudas que se concedan no marco do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte terán a consideración de subvencións a fondo perdido non reintegrables.
    As axudas obtidas ao abeiro desta orde serán compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente doutras administracións públicas.
    O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

volver a novedades

LA MAYOR VARIEDAD EN MODA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de tiendas multimarca que ofrecen las más variadas tendencias en moda y complementos para todos los públicos.

LOS MEJORES TRATAMIENTOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Gran variedad en soluciones de belleza y bienestar para sentirse estupendos de pies a cabeza.

TODO EN ALIMENTACIÓN

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

No falta ni un solo sabor por experimentar en nuestras tiendas; desde las atractivas y exóticas frutas, a los apetitosos dulces, pasando por todo tipo de pescados, carnes y panes.

ANIMALES

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con todo lo que tu mascota pueda necesitar.

CENTROS DE ESTUDIOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Aumenta tu formación académica con nosotros.

HOGAR

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de profesionales dispuestos a solucionar necesidades domésticas.

HOSTELERIA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

En momentos de ocio, reuniones, negocios o viaje, nuestros establecimientos os ofrecerán los mejores servicios.