Novedades

Mantente informado de la actualidad de la asociación

Bono autónomo

Código de procedemento TR341Q

Bases reguladoras
Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR341Q).
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
• As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
• As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
o Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
o Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
o Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2021 inferior a 30.000,00 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000,00 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.
• Quedan excluídos desta orde:
o Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea, conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
o As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Importe
Para a concesión destas axudas destínanse oito millóns de euros (8.000.000,00 €).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iníciase ás 9.00 horas do día 25 de xaneiro de 2023 e remata o 29 de setembro de 2023


Documentos asociados

volver a novedades

LA MAYOR VARIEDAD EN MODA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de tiendas multimarca que ofrecen las más variadas tendencias en moda y complementos para todos los públicos.

LOS MEJORES TRATAMIENTOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Gran variedad en soluciones de belleza y bienestar para sentirse estupendos de pies a cabeza.

TODO EN ALIMENTACIÓN

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

No falta ni un solo sabor por experimentar en nuestras tiendas; desde las atractivas y exóticas frutas, a los apetitosos dulces, pasando por todo tipo de pescados, carnes y panes.

ANIMALES

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con todo lo que tu mascota pueda necesitar.

CENTROS DE ESTUDIOS

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Aumenta tu formación académica con nosotros.

HOGAR

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

Contamos con un amplio abanico de profesionales dispuestos a solucionar necesidades domésticas.

HOSTELERIA

LAS PRINCIPALES MARCAS EN AS TRAVESAS

En momentos de ocio, reuniones, negocios o viaje, nuestros establecimientos os ofrecerán los mejores servicios.